Calendario temporada 2012/2013

http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&delP=1&categoriaP=10777&grupoP=306849&jornadaP=&c1=1

Temporada 2012/2013

Xa empezou de forma oficial a pretemporada po Corcoesto.
Este Domingo xogou o seu primeiro partido de pretemporada ante o Corme, ademáis da diferencia de categoria tamén se notou que o Corcoesto, ainda ten que adaptar o seu sistema as numerosas incorporacións desta temporada. No partido do Domingo 6 xogadores do once inicial non formaban parte do Corcoesto o ano pasado e a falta de entendemento pasou factura ante un Corme moi superior.

Carnota 2 - Corcoesto 0

Boa tarde a deste Domingo en Carnota para a practica do futbol, con  media entrada de publico (uns 70 mías ou menos) O Corcoesto presentouse só con 13 xogadores. O once inicial foi Siro, Miguel, Edelmiro, Germán, Rodri, Uru, Javi, Luis, Miguel, Pablo e Hector. Na segunda metade entrou Xavi por Miguel e Martin por Uru.
Un partido moi tactico de moito control do medio campo, no que o Carnota tiña o control pero non creaba moito perigo cun Corcoesto ben cerrado atras. O primeiro gol do Carnota chegou nunha desafortunada xogada cunha cesión atras na que o dianteiro do Carnota se fai co balón e so diante de Siro faría o primeiro gol do partido. O Corcoesto estirou lineas buscando o empate e a piques estuvo de chegar nunha xogada de estratexia a saida dun corner no que a Edelmiro se lle foi o balón alto. Na segunda parte o Carnota fixo valer a sua mellor forma fisica para crear perigo na porteria do Corcoesto. O Corcoesto aguantou os envites e intentaba sair a contra. Fruto dunha de esas contras chegou unha xogada polémica na que o porteiro derriba a Hector e os visitantes reclamaron penalti. o colexiado non quixo saber nada e deixou seguir a xogada que a piques estuvo de acabar en gol a favor do Carnota. O Carnota seguiu movendo o balón e xa no remate do partido conseguiu o segundo gol nunha boa xogada que rematou cun tiro polo escuadra no que Siro non puido facer nada.
Desta forma o Corcoesto tera que esperar a recibir na próxima xornada o Camelle para intentar conseguila sua segunda victoria nesta temporada.

Corcoesto 1 - Lira 4

Primera derrota do Corcoesto esta temporada ante un equipo que non demostrou ser superior e que perdera o seus dous partidos anteriores. O once titular foi o formado por Siro, Miguel, Edelmiro, Germán, Luis, Pablo, Martin, Uru, Longo, Javi e Miguel. Tamen participaron ainda que xa na segunda parte Rodri, Couto e Pichón.
O partido comenzou loco cos dous equipos correndo moito e sen un dominador claro do balón, o Corcoesto empezou a ter algunha ocasión clara de gol e o Lira contestaba con contras moi rapidas que provocou que se creara moita distancia entre as lineas do Corcoesto. Foi con duas xogadas moi semellantes donde o Lira abriría brecha no marcador con dous balons largos sen aparente perigo que entre a habilida do dianteiro do Lira e un pizca de sorte fixo que o Lira se fose o descanso cun comodo cero dous. Na segunda parte o Corcoesto saiu decidido a darlle a volta o resultado, encerrando o Lira na sua area e creando perigo con centros desde as bandas. A piques estaría Javi de reducir distancias cun bo remate de cabeza pero sería Miguel quen acortaría distancias na seguinte xogada. O Corcoesto seguiu aprentado e reclamou un penalti por un derribo do porteiro a Luis. A xogada foi moi protestada e descentrou un pouco os xogadores locais máis preocupados de protestar que de xogar, circunstancia que aprobeitou o Lira para en dous minutos matalo partido con dous goles e levarse os tres puntos das bouzas. Despois pouco máis houbo que resaltar salvo a expulsión de Longo por dobre cartón.

Laxe 0 Corcoesto 1

Primeira victoria nesta temporada para o Corcoesto confirmando as boas sensacións deixadas polo equipo na primeira xornada e que axuda a subila moral do equipo. O once titular do Corcoesto foi Siro, Luis, Rodri, Edelmiro, Germán, Longo, Javi, Uru, Pablo, Martín e Hector. Os cambios foron Xavi por Hector, Couto Por Longo e Pichón por Martín.
Foi un partido de ritmo lento e con moito control do balón no medio campo, sen apenas ocasións de gol e na que os locais abusaron de balóns largos que facilitaron moito a labor da defensa visitante. As poucas ocasións que houbo na primeira parte foron a favor do Corcoesto, destacar un rechace dunha falta lanzada por Rodri que Uru rematou moi cerca do poste, o gol chegou na primeira parte despois dun balón que Luisiño colgou no area e na que un defensa local lle metiu a man pitan o arbitro penalti. O penalti fallouno Uru pero foi el mesmo o que aproveitu o reixeite do porteiro para marcar a porteria baldeira.
Na segunda parte o Corcoesto baixou fisicamente sobre todo despois do cambio de Longo, deixandolle o control do balón o Laxe, quen non foi capaz de crear ningunha ocasión clara de gol,  nesta segunda parte o Corcoesto mostrouse moi firme en defensa, e o Laxe solo inquietou un pouco con algun lanzamento lonxano que nin siquiera fixo intervir a Siro. Quiza a ocasión máis clara da segunda parte a tivo o  Corcoesto nas botas de Pichón que cando encaraba só o porteiro foi derribado provocando a expulsión do defensa local.
O final o Corcoesto levou os tres puntos que axudan a traballar con máis animo para preparar o proximo partido.

Corcoesto 3 - Xaviña 3

Primer partido da nova temporada nas bouzas, con moitas incognitas sobre o Corcoesto debido a falta dunha pretemporada. O once foi Siro, Miguel, Germán, Edelmiro, Rodri, Javi, Pablo, Longo, Uru, Sony e Miguel, os cambios foron Manuel por Germán, Couto por Miguel, Martin por Sony e Lista por Javi. O partido comenzou con moitas dudas e imprecisións por parte do Corcoesto e fruto delas chegou o primeiro gol do Xaviña a saida dun corner no que a defensa non estuvo acertada. De todas formas o gol parece que espabilou os locais que tomaron o mando do partido e empezaron a ter moitas ocasións, hasta que Miguel nunha boa acción colectiva consegiu o empate. Con empate a uns foise o descanso e na segunda parte o Corcoesto saiu con moitas ganas e cun gran dominio do medio, fruto dese dominio chegou o segundo gol para os locais o rematar Longo un corner. O Corcoesto apretaba buscando o terceiro e cando parecia que podía chegar en calquera xogada un mal despexe en defensa doulle o empate o Xaviña. Os locais non se desfixeron e non baixaron o ritmo e conseguiron o terceiro gol nunha xogada embarullada na que despois de que chegasen a rematar 3 xogadores Uru consegiu empurralo balón dentro da porteria. O Corcoesto pudo rematalo partido con algun gol máis pero entre o porteiro visitante e a mala sorte non puido ser. Cando xa todo o mundo contaba ca victoria local o Xaviña empataba o partido cando faltaban dous minutos po final gracias a unha falta lateral na que un novo erro en defensa permitia que escapasen dous valiosos puntos das bouzas.

1ª xornada temporada 2011-2012

Comenzou unha nova temporada na liga da costa. Unha liga que promete ser moi longa pra moitos equipos e donde parece que vai a haber moito diferencia entre os equipos de arriba e os de abaixo (polo menos esa é a impresión vendo as goleadas que se viron nesta primeira xornada)