Primeira victoria nesta temporada para o Corcoesto confirmando as boas sensacións deixadas polo equipo na primeira xornada e que axuda a subila moral do equipo. O once titular do Corcoesto foi Siro, Luis, Rodri, Edelmiro, Germán, Longo, Javi, Uru, Pablo, Martín e Hector. Os cambios foron Xavi por Hector, Couto Por Longo e Pichón por Martín.
Foi un partido de ritmo lento e con moito control do balón no medio campo, sen apenas ocasións de gol e na que os locais abusaron de balóns largos que facilitaron moito a labor da defensa visitante. As poucas ocasións que houbo na primeira parte foron a favor do Corcoesto, destacar un rechace dunha falta lanzada por Rodri que Uru rematou moi cerca do poste, o gol chegou na primeira parte despois dun balón que Luisiño colgou no area e na que un defensa local lle metiu a man pitan o arbitro penalti. O penalti fallouno Uru pero foi el mesmo o que aproveitu o reixeite do porteiro para marcar a porteria baldeira.
Na segunda parte o Corcoesto baixou fisicamente sobre todo despois do cambio de Longo, deixandolle o control do balón o Laxe, quen non foi capaz de crear ningunha ocasión clara de gol, nesta segunda parte o Corcoesto mostrouse moi firme en defensa, e o Laxe solo inquietou un pouco con algun lanzamento lonxano que nin siquiera fixo intervir a Siro. Quiza a ocasión máis clara da segunda parte a tivo o Corcoesto nas botas de Pichón que cando encaraba só o porteiro foi derribado provocando a expulsión do defensa local.
O final o Corcoesto levou os tres puntos que axudan a traballar con máis animo para preparar o proximo partido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario