Corcoesto 3 - Xaviña 3

Primer partido da nova temporada nas bouzas, con moitas incognitas sobre o Corcoesto debido a falta dunha pretemporada. O once foi Siro, Miguel, Germán, Edelmiro, Rodri, Javi, Pablo, Longo, Uru, Sony e Miguel, os cambios foron Manuel por Germán, Couto por Miguel, Martin por Sony e Lista por Javi. O partido comenzou con moitas dudas e imprecisións por parte do Corcoesto e fruto delas chegou o primeiro gol do Xaviña a saida dun corner no que a defensa non estuvo acertada. De todas formas o gol parece que espabilou os locais que tomaron o mando do partido e empezaron a ter moitas ocasións, hasta que Miguel nunha boa acción colectiva consegiu o empate. Con empate a uns foise o descanso e na segunda parte o Corcoesto saiu con moitas ganas e cun gran dominio do medio, fruto dese dominio chegou o segundo gol para os locais o rematar Longo un corner. O Corcoesto apretaba buscando o terceiro e cando parecia que podía chegar en calquera xogada un mal despexe en defensa doulle o empate o Xaviña. Os locais non se desfixeron e non baixaron o ritmo e conseguiron o terceiro gol nunha xogada embarullada na que despois de que chegasen a rematar 3 xogadores Uru consegiu empurralo balón dentro da porteria. O Corcoesto pudo rematalo partido con algun gol máis pero entre o porteiro visitante e a mala sorte non puido ser. Cando xa todo o mundo contaba ca victoria local o Xaviña empataba o partido cando faltaban dous minutos po final gracias a unha falta lateral na que un novo erro en defensa permitia que escapasen dous valiosos puntos das bouzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario