Primera derrota do Corcoesto esta temporada ante un equipo que non demostrou ser superior e que perdera o seus dous partidos anteriores. O once titular foi o formado por Siro, Miguel, Edelmiro, Germán, Luis, Pablo, Martin, Uru, Longo, Javi e Miguel. Tamen participaron ainda que xa na segunda parte Rodri, Couto e Pichón.
O partido comenzou loco cos dous equipos correndo moito e sen un dominador claro do balón, o Corcoesto empezou a ter algunha ocasión clara de gol e o Lira contestaba con contras moi rapidas que provocou que se creara moita distancia entre as lineas do Corcoesto. Foi con duas xogadas moi semellantes donde o Lira abriría brecha no marcador con dous balons largos sen aparente perigo que entre a habilida do dianteiro do Lira e un pizca de sorte fixo que o Lira se fose o descanso cun comodo cero dous. Na segunda parte o Corcoesto saiu decidido a darlle a volta o resultado, encerrando o Lira na sua area e creando perigo con centros desde as bandas. A piques estaría Javi de reducir distancias cun bo remate de cabeza pero sería Miguel quen acortaría distancias na seguinte xogada. O Corcoesto seguiu aprentado e reclamou un penalti por un derribo do porteiro a Luis. A xogada foi moi protestada e descentrou un pouco os xogadores locais máis preocupados de protestar que de xogar, circunstancia que aprobeitou o Lira para en dous minutos matalo partido con dous goles e levarse os tres puntos das bouzas. Despois pouco máis houbo que resaltar salvo a expulsión de Longo por dobre cartón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario