Carnota 2 - Corcoesto 0

Boa tarde a deste Domingo en Carnota para a practica do futbol, con  media entrada de publico (uns 70 mías ou menos) O Corcoesto presentouse só con 13 xogadores. O once inicial foi Siro, Miguel, Edelmiro, Germán, Rodri, Uru, Javi, Luis, Miguel, Pablo e Hector. Na segunda metade entrou Xavi por Miguel e Martin por Uru.
Un partido moi tactico de moito control do medio campo, no que o Carnota tiña o control pero non creaba moito perigo cun Corcoesto ben cerrado atras. O primeiro gol do Carnota chegou nunha desafortunada xogada cunha cesión atras na que o dianteiro do Carnota se fai co balón e so diante de Siro faría o primeiro gol do partido. O Corcoesto estirou lineas buscando o empate e a piques estuvo de chegar nunha xogada de estratexia a saida dun corner no que a Edelmiro se lle foi o balón alto. Na segunda parte o Carnota fixo valer a sua mellor forma fisica para crear perigo na porteria do Corcoesto. O Corcoesto aguantou os envites e intentaba sair a contra. Fruto dunha de esas contras chegou unha xogada polémica na que o porteiro derriba a Hector e os visitantes reclamaron penalti. o colexiado non quixo saber nada e deixou seguir a xogada que a piques estuvo de acabar en gol a favor do Carnota. O Carnota seguiu movendo o balón e xa no remate do partido conseguiu o segundo gol nunha boa xogada que rematou cun tiro polo escuadra no que Siro non puido facer nada.
Desta forma o Corcoesto tera que esperar a recibir na próxima xornada o Camelle para intentar conseguila sua segunda victoria nesta temporada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario