Tarde fria e con vento a deste Sabado en Camariñas, onde se disputou o encontro. Boa entrada para ver a dous equipos que intentan sair da parte baixa. O Corcoesto saiu con Sony, Manuel, Edelmiro, Rivera, Germán, Lista, Roi, Aitor, Martin, Rodri e Javi. O Corcoesto saiu moi durmido a un encontro que se supoñia doado cometendo moitos erros defensivos que provocaría que o Xaviña se puxese con un comodo 2-0 nada máis empezar. O Corcoesto tardou en entrar no partido e foi gracias a unha xogada aillada, na que un centro chut de Lista se cola na porteria do Xaviña, a que despertou o Corcoesto. Na segunda metade o Corcoesto tuvo o control e a posesión do balón pra intentar obter o empate e incluso buscala la victoria. Ocasións non lle faltou con Rivera e Pichón de protagonistas, hasta que Rodri conseguiu o empate nun remate de cabeza dentro da area. Cando todo facía indicar que o resultado quedaría en taboas, unha man do dianteiro local, foi interpretada polo arbitro coma penalti, co que conseguiría a victoria o Xaviña no ultimo minuto.
Mención especial pro arbitro, que ademáis dos erros que cometiu durante todo o partido, o máis grave o do penalti, tuvo un actitud desafiante e moi arrogante impropia dunha persona destinada a impartir xustiza, incluso chegoulle a decir a un xogador que se queixaba dunha patada que se non quería levar patadas que soltase antes o balón. Está claro que personajes hainos en todolos lados pero xente coma esta non debería siquiera entrar nun campo de futbol e menos coma colexiado, xa que solo sirve pra quentar o ambiente e fomentar as entradas duras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario