Corcoesto 0 - Nantón 0
Tarde nubosa pero con un boa temperatura pra poder xogar, o campo rexistrou un boa entrada. O Corcoesto saiu con Edelmiro, Pepe, Germán, Rivera, Manuel, Lista, Roi, Aitor, Javi, Rodri e Pichón, na segunda parte entraría Pablo por Pichon, Martín por Lista, Miguel por Javi, Toñito por Manuel e Juan por Aitor. O Corcoesto saiu moi metido no partido e intentando ter o control do balón. A primeira parte foi moi física e de moito corpo a corpo con continuas interrupcións do xogo, ademáis as condicións do campo tampouco axudaron pra poder facer un bo futbol xa que ten moitos buratos e é moi dificil poder rasealo balón. Na segunda metade o Corcoesto parece que saiu máis decidido a polo partido e gozou das ocasións máis claras primeiro unha ocasion de Lista que mandou o balón pegado o pau cando xa todo o campo cantaba gol e despois un tiro de Rodri nun corner que petaba no poste paseandose pola linea de gol sen que nadie chegase a empurralo dentro da porteria. Despois o Corcoesto sufriu unha inxusta expulsión por dobre cartón de Martín, que entrara na segunda parte, por desprazalo balón, cando a primeira tarxeta non fora pra él se non pro lateral Pepe, pero o arbitro puxolle as duas a él. Non tardaría en chegar a segunda expulsión esta vez a de Rodri tamén por dobre cartón. Con dous xogadores máis o Nantón intentou apretar algo máis pero foi máis con corazón que con cabeza e non chegou a inquietala porteria defendida por Edelmiro
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario