Tarde fria pero soleada a que se puido vivir onte nas bouzas, segunda victoria consecutiva po Corcoesto contra un equipo con aspiracións o ascenso. O once do Corcoesto foi Sony, Pepe, Edelmiro, Rivera, Manuel, Aitor, Miguel, Juan, Lista, Rodri e Germán, na segunda parte entraría Javi por Juan e Couto por Germán. A primeira parte o Coristanco saiu en tromba tivo o control do balón e deles foron as primeiras ocasións, pero unhas veces a defensa e outras Sony conseguiron manter a porteria a cero. Segun avanzou o partido o Corcoesto tuvo máis protagonismo no partido e gozou dunha moi boa oportunidade de Germán tras unha parede con Rodri pero o balón saiu rozando o pau. Na segunda parte o Coristanco volveu a apretar gozando de claras ocasións hasta que conseguiu adiantarse no marcador. Co resultado a favor o Coristanco relaxouse e o Corcoesto aprobeitouno pra sorprender nunha contra e empatalo partido por medio de Rodri que aproveitou un balón desde a banda pra marcar a porteria vacia. Ainda non se recuperara o Coristanco do gol recibido cando unha falta o borde da area transformaría Rodri no dous un. O Coristanco tirouse o ataque gozando de boas oportunidades pra conseguilo empate, ainda que o Corcoesto a contra tamen gozou de boas oportunidades nas botas de Miguel, Rodri e Lista para poder resolvelo partido.
A nota negativa do partido veu ca lesión muscular de Miguel que esperemos que teña un rapida recuperación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario