Corcoesto 2 - Lira 1
Primeira victoria da temporada pra un Corcoesto que o estaba a pasar moi mal este ano. O tempo respetou o partido sen que fixera acto de presencia a chuvia sobre un campo que xa estaba moi rapido pola que xa caera pola mañan. O Corcoesto saiu con Edelmiro, Pepe, Rivera, Germán, Manuel, Rodri, Aitor, Miguel, Lista, Couto e Pablo. Unha xornada máis segue Siro de baixa pola sua lesión no hombrotendo que suplir Edelmiro a baixa. Na segunda metade entrou Roi por Couto, Juan por Lista e Pichon por Manuel. O partido empezou con moito ritmo, o Corcoesto intentou ter o control do balón e o Lira buscou crear peligro polas bandas. Asi chegaría o primeiro gol do partido, nunha xogada pola banda xunto cun despiste da defensa local propiciou o gol do Lira. O Corcoesto non se descompuxo e buscou o gol, que chegaría nunha contra sen aparente peligro na que Lista moi escorado na banda e sen nadie a quen poderlle centrar tentou sorprender o porteiro por alto, que sorprendido viu como o balón entraba na porteria. Co empate chegouse o descanso. Os cambios da senguda parte deronlle aire o Corcoesto que levou o peso do partido. Lista puido adiantar o Corcoesto pero o balón foi a cruceta, sería na seguinte xogada cando un balón en profundidade foi aprobeitado por Pablo pra adiantar o Corcoesto. Os ultimos minutos O Lira apretou e o Corcoesto pudo sentenciar o partido o contrataque. O Lira tivo unha clara ocasión cun balón que se foi o poste, a replica estuvo na seguinte xogada, cun gol anulado a Pablo por fora de xogo. O partido remataría sen ningún cambio no marcador ainda que os visitantes protestaron moito a ultima xogada do partido na que reclamaban penalti e na que o colexiado pitou o final.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
VAMOS, CORCOESTOOO!!!
ResponderEliminarE a Siro quédalle pa moito?