Mazaricos - Corcoesto
Duro correctivo o recibido polo Corcoesto na visita a Mazaricos. O Corcoesto presentouse con moitas ausencias entre elas a do porteiro tendo que estar Edelmiro na porteria. O once inicial foi Edelmiro, Pepe, Rivera, Germán, Lista, Martín, Aitor, Rodri, Juan, Pablo e Toñito. O Mazaricos empezou moi forte, collendo algo frios os xogadores do Corcoesto que lles deixaron en bandexa os dous primeiros goles do partido. Seguido do segundo gol viría a xogada que marcaría un pouco o partido, que foi a expulsión de Martín por amenazar un adversario despois de recibir unha falta que él consideraba que o rival fixera adrede. Con un menos o Corcoesto aguantou o dous cero hasta o descanso. Na segunda parte o Corcoesto acusou moito o baixon fisico xunto coa desvantaxe numérica. O Mazaricos aproveitou esa circunstancia facendo cambios para meter xente fresca e conseguir a goleada da xornada e posiblemente da temporada, ante un Corcoesto que nos ultimos minutos baixou moito os brazos e deixou xogar a placer o rival. O Mazaricos demostrou en todo momento ser un equipo superior, posiblemente o equipo máis forte este ano en terceira.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario