Partido complicado o vivido nas Bouzas esta xornada, na que recibiamos a visita dun dos serios candidatos o ascenso. O Corcoesto tiña moitas ausencias e só pudo contar con doce xogadores. O central e capitan Edelmiro tuvo que facer de porteiro ante a lesión de Siro e ausencia de Sony. O once inicial foi Edelmiro, Pepe, Rivera, Germán, Manuel, Miguel, Lista, Aitor, Rodri, Martín e Toñito na segunda metade entraría Couto por Manuel. A primeira parte o Corcubión saliu en tromba e tuvo o control do partido, gozou de boas ocasións de gol que Edelmiro solventou con moita seguridad para desesperación dos atacantes visitantes, o Corcoesto intentou sair a contra pero non tivo moitas ocasión nesta primeira parte. Tralo descanso o partido cambiou totalmente. O Corcoesto saiu o ataque e controlou a segunda parte pero cando parecía que o gol podia chegar do lado local, unha contra ben levada polo Corcubión rematou co primeiro gol do partido, o Corcoesto seguiu buscando o gol. A xogada do partido foi un penalti claro non señalado a Martín que rematou na contra que lle daría o segundo gol o Corcubión, pasando do que podía ser o 1-1 o 0-2. A pesar das adversidades o Corcoesto seguiu peleando e acortaría distancias cun Penalti sobre Rivera que trasnformaría Aitor, co 1-2 o Corcoesto encerrou o Corcubión que pedia a hora, e apiques estuvo de lograr o empate na ultima xogada do partido que rematou Rodri a caron do poste.
Tralo visto no partido o máis xusto sería un empate pero o futbol son goles e o corcubión demostrou ter máis pegada
No hay comentarios:
Publicar un comentario