Alcaian 2 - Corcoesto 2
Dia complicado para poder xogar o futbol nun campo en moi malas condicións pola auga caida e na que o vento dificultou ainda máis o partido. Esta xornada o Corcoesto tuvo que sacar un once condicionado polas baixas e polas ausencias con Sony, Manuel, Rivera, Edelmiro, Germán, Lista, Aitor, Miguel, Pablo, Juan e Toñito os cambios foron Pepe por Germán e Pichón por Pablo. Foi un partido moi pouco vistoso debido a que as pozas de auga facian imposible rasealo balón e o vento dificultaba o xogo por alto. Foi un partido moi fisico e moi loitado por ambos equipos, as condicións climaticas non permitiron que foran de outra forma. O primeiro tanto do partido chegou a favor do Corcoesto, cando Pablo aproveitou un balon na área para batir o porteiro do Alcaian, non duraría moito a alegria xa que o Alcaian empataba minutos despois, cun tiro dende fora da área moi axustado que Sony chega a tocar pero sen poder evitalo empate. Na segunda parte o partido poidemos ver máis do mesmo, o Corcoesto volviase a adiantar nunha xogada pola banda na que Juan acerta a sacar un centro que Toñito remata so diante do porteiro a gol. Cando mellor pintaba as cousas po Corcoesto un tiro sen aparente peligro envenenouse o botar no campo, facendo que Sony non puidera facer nada para evitar o empate. A partir do empate o Alcaian disfrutou dalgunha ocasión para levarse o partido pero nesta ocasión unha gran intervención de Sony evitou o que no campo xa se cantaba coma gol. Despois do visto no campo calquera dos dous se pudo levala victoria nun campo que non estaba en condicións para xogar, ainda que o Corcoesto quedou ca impresión de deixar escapar unha boa oportunidad de gañar tras haberse adiantado por duas veces.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


Ánimo Corcoesto!!
ResponderEliminarÉ verdá que vos deron o partido por perdido 0-3 vs. Laxe, e que vos quitaron 2 puntos?
Salíu na Vos de Ghalicia.
Pois iso mesmo é o que pasou
ResponderEliminar