Corcoesto 1 - Laxe 2

En xornadas como esta última o que menos importa é o resultado xa que xogamos para divertirnos e pasalo ben e esta vez tocounos vivila lesión de dous compañeiros un deles de gravedade con rotura de tibia e perone. Sobre o partido o Corcoesto saiu con Siro, Pepe, Edelmiro, Rivera, Miguel, Lista, Aitor, Rodri, Suso, Martin e Pichón.Os trocos foron Juan por Suso e Pablo por Pichón. A primeira parte foi xogada con moita igualdade e con moitas imprecisións debido o mal estado do campo, ca herba moi alta xa que o concello no veu cortala. Unha perdida de balón no medio campo propiciou unha contra que remataou co primeiro gol do Laxe. Minutos máis tarde veu a xogada negra do partido nun balón dividido na que por mala fortuna Suso resultou lesionado con fractura de tibia e perone, o partido tuvo parado unha media hora na espera da ambulancia. O partido continuou e o Corcoesto empatou cunha falta lateral sacada por Aitor que remata Rivera. Despois viria a xogada máis protestada do partido na que o arbitro pitaría penalti en contra do Corcoesto, a pesar de que o propio delantero do Laxe, nun acto de honraded dos que poucos se ven no futbol, recoñecia que non fora, o arbitro non quixo escoitar o xogador e mandou tiralo penalti. O Laxe colleu ventaxa de novo o transformar o penalti, co 1-2 chegouse o descanso. A segunda parte comenzou con dominio do Corcoesto que buscaba o empate, as cousas parecian pintar mellor pro Corcoesto cando o colexiado volvese equivocar o expulsar un xogador por dobre cartón cando o xagador merecedor de cartón o colexiado sacoula o dorsal 7 que xa tiña un cartón da primeira parte. Cando irían 15 minutos da segunda parte Siro fixo unha gran parada a un tiro a bocajarro de Zurich e na seguinte xogada o tratar de evitar que o balón saise a corner,  o hombro do Siro trabaselle nun burato do campo sufrindo unha luxacion da clavicula. Debido algunhas desafortunadas declaracións dalguns xogadores produciuse un pequena tangana, e o arbitro a petición do capitan do Corcoesto dou o partido por rematado xa que os xogadores estaban moi nerviosos polos acontecementos ocurridos no partido.

1 comentario:

  1. Ultra do Corcoesto26 de octubre de 2010, 6:30

    Tas de coña, non?? Pero este era un árbitro ou un pallaso¿?
    Ánimo a Suso, que foi unha lesión de gravidade. Esperemos que se recupere pronto.
    E Siro¿?

    Un saúdo, e felicidades polo blog tan ben cuidado e redactado ;)

    ResponderEliminar