Talle costando o arranque desta temporada o Corcoesto no que so conta con dous puntos. O Corcoesto saiu de inicio con Siro, Pepe, Germán, Suso, Miguel, Juan, Aitor, Javi, Martin, Rodri e Lista. Na segunda parte producirianse os trocos de Toñito por Germán, Manuel por Juan, Pichón por Lista e Couto por Martín. O partido tivo unha parte para cada equipo onde a mellor pegada do Cerqueda marcou as diferencias. O Corcoesto está a sufrir moito a falta de continuidad da defensa na que nos ultimos 5 partidos non pudo repetir linea defensiva debido a sancions e lesions que afectan este ano o equipo. A primeira parte foi claramente de dominio do Cerqueda con varias aproximacións con perigo, chegando o gol nun desaxuste da defensa na que un centro desde a banda remataba só un dos xogadores do Cerqueda e no que Siro non puido facer nada. A ocasión máis clara po Corcoesto foi un bo tiro de Rodri que o porteiro contrario tuvo que mandar con apuros a corner. Na segunda parte Pablo fixo algúns cambios tacticos que deron bo resultado tendo máis posesión o Corcoesto e xogando máis cerca do area do Cerqueda. A xogada clave do partido foi o penalti cometido sobre Martín polo porteiro do Cerqueda, protestada polos xogadores do Corcoesto que entendían que a acción era de cartulina vermella ainda que o colexiado só sacou o cartón amarelo, Lista foi o encargado de lanzalo penalti pero o balón petou no travesaño e tras botar na linea saiu pa fora. A xogada marcou moito os animos dos xogadores que vian como na seguinte xogada o Cerqueda mataba o partido co segundo gol.
Tralo visto no partido o máis xusto creo sería o empate pero sabemos que o gol e o que manda no futbol e a dia de hoxe o Corcoesto estalle moito conseguir marcar, de todas formas estou seguro que o equipo seguira traballando e pronto chegará a primeira victoria da temporada.
FORZA CORCOESTOO!!!
ResponderEliminar