Tarde de sol en Carballo para enfrentar o Independiente co Corcoesto. O once inicial do Corcoesto foi Siro, Manuel, Rivera, Germán, Pepe, Suso, Rodri, Martin, Miguel, Lista e Pichón. (Tamén destacar que facía tempo que non chegaba o Corcoesto con 16 xogadores a un partido). A primeira parte comenzou con dominio do balón polo Independiente pero sen sacar fruto ante cun Corcoesto ben plantado na sua parcela, a primeira parte tuvo unha ocasión pra cada un, a do Corcoesto nas botas de Pichón.Tamén na primeira parte se produciu a lesión de Manuel por un golpe no nocello entrando no seu lugar Juan. Co resultado de cero a cero chegouse o descanso. A segunda parte comenzou como acabou a primeira salvo co troco de Javi por Pichón. A clave do partido tuvo nun corner onde despois de varios rebotes quedou un balón morto no segundo pao, situación aporbeitada polo independiente para marcar o primiero gol, no que nada pudo facer Siro. O gol obligou o Corcoesto a estirarse, máis polas ganas que polo xogo, o que favoreciu o xogo do Independiente que gozou dalgunha ocasión máis neste tempo, todas elas ben solventadas por Siro e a defensa, destacar un xogada na que Siro lle fixo dous sombreiros os atancantes do Independiente. Nesta segunda parte douse entrada o resto dos xogadores que quedaban no banquillo, entrando Toñito, Sony e Couto por Suso, Lista e Pepe. Xa cando o partido non lle quedaba moito un saque de banda de Couto propiciaba o que sería o derradeiro gol do partido, cun contragolpe que plantou a dous rivais sos diante de Siro que e que apiques estuve de deter o balón, pero a pesar dos esforzos de Miguel que acabou chegando o balón pero este xa estaba dentro. Con esta xogada e sen tempo pa facer moito máis rematou o partido en Carballo.
O próximo partido será nas Bouzas o Domingo as 5 entre o Corcoesto e o Muros B
veña q o domingo teremos mais sorte...pasaanos coma o madrid,asiq despertemos,alguen vai pagar por todos...jajaja
ResponderEliminar