Corcoesto 2 - Cabana 2


Gran tarde para xogar o futbol nesta segunda xornada na costa a pesar do molesto vento. Primeiro partido nas bouzas nesta temporada e con nada menos que cun derbi contra o Cabana. O once inicial do Corcoesto foi Siro, Pepe, Rivera, Edelmiro, Germán, Rodri, Suso, Martín, Juan, Toñito e Lista, na segunda parte entrarían Pichon por Toñito e Miguel por Juan. Partido moi intenso e travado con moitas interrupcións no xogo. Un partido sen un claro dominador no que se xogou por Rachas. Na primeira mitade adiantose o Cabana logo dunha indecisión na defensa, pero xusto nada máis sacar de medio, un

pase interior de Suso sen aparente perigo aproveitouno Lista de forma moi intelixente para conseguilo empate tras un erro do porteiro do Cabana. A segunda parte foi máis do mismo comenzando cuns minutos de domino visitante e con algunha acción aislada de perigo do Corcoesto, ata que nunha xogada de ataque do Cabana un balón morto na frontal ocasiona o segundo gol do Cabana e segundo gol en propia desta temporada que encaixa o Corcoesto o desviar Germán o tiro que tiña toda a pinta de ser fácil de parar para Siro. A partir dese momento o Cabana dedicouse a cerrarse a tras e perder tempo, pero nun tiro lonxano o porteiro visitante non bloqueou o balón e Pichón a proveitou para poñer as taboas no marcador.
Nesta ocasión o Cabana puido sacar un punto das Bouzas.
O próximo partido do Corcoesto será contra O independiente de Carballo

Fotos de Ivan Corredoira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario