O Corcoesto comenzou a sua andadura na Copa da Costa 2011. Desta vez o rival que tocou en sorte foi a Independiente.
O partido comenzou cun Independiente metido atras e defendendo moi ben e cun Corcoesto que tuvo a posesión do balón pero sen chegar a crear ocasións de gol claras, a excepción dun remate o saque dun corner por parte de Pichón que ben puido estrenalo marcador. Cando parecia que o nerviosismo inicial ia desaparecendo e que o gol do Corcoesto podría chegar en calquera xogada, chegou o erro do partido cun mal despexe de Germán que remataba nos pes do dianteiro do Independiente que marcaba cun tiro axustado no man a man con Siro. O Corcoesto quixo reaccionar, ainda que con máis corazón que cabeza, e comenzou a rondala porteria do Independiente. Fruto destas ganas produciuse un desaxuste en defensa que aprobeitou o Independiente para levar un rapdia contra que rematouno no dous a cero. Nesta xogada o Corcoesto quedou noqueado e pudo chegar na seguinte xogada o tres a cero pero desta vez a defensa conseguiu despexar a corner un balón que xa se cantaba coma gol. Co dous a cero chegouse o descanso.
Na segunda metade o Corcoesto saiu con ganas de meterse na eliminatoria e a lesión dun dos xogadores do Independiente axudou. As xogadas de perigo sucedianse pero o Independiente seguia ben cerrado atras, e o correr do tempo facía que o nervosismo nos xogadores do Corcoesto aumentase. Nunha entrada pola banda dereita acabou nun centro no que Pablo, despois de rematar duas veces, conseguia recortar distancias. Este gol daballe animos o Corcoesto que empezaba a facer o seu mellor futbol e con outro centro desde a banda Miguel acadaba o empate. O Corcoesto seguiu buscando o terceiro que lle derá máis tranquilidade po partido de volta, e ainda que tuvo as ocasións non o conseguiu.
Agora queda esperar o partido de volta pa decidir esta eliminatoria.
No seguinte link podedes ver os resultado do resto de partidos:
http://quepasanacosta.com/copadacosta/total-igualdade-na-ida-dos-dezaseisavo/
No hay comentarios:
Publicar un comentario