Corcoesto 2 - Xaviña 1

Partido entre os dous equipos que cerran a clasificación en terceira. O Corcoesto repetiu o mesmo once que o que se enfrentou a semana pasada o Coristanco, pero desta vez a intesidade de xogo non foi a mesma. De todas formas o Corcoesto levou o peso do partido na primeira parte, gozando das mellores ocasións, de feito nada máis empezalo partido houbo un claro pernalti a Martín que o arbitro non quixo pitar (Onte posiblemente puideramos observar a peor arbitraxe da temporada) fruto de ese dominio chegou o primeiro gol do partido, unha boa xogada de Javi pola linea de fondo, rematou con Pablo empurrando o balon a gol na mesma linea de gol. O única magoa da primeira parte foi a lesión de roi, esperemos que non sexa nada importante. Na segunda o Xaviña saiu máis entonado pero sen chegar a inquietala porteria rival, ainda que terían fortuna nun rexeite que lle quedou franco para un tiro que se colou pegado o pau e no que siro non pudo facer nada. Deseguido chegaría a xogada máis protestada do partido que foi a expulsión do porteiro visitante por mans fora da area. A partir dese momento o partido volveuse un caos con ocasions e erros por todos ladosno que o Corcoesto  acabaría sacando a xogada do segundo e definitivo gol, tras unha boa xogada de Miguel que de novo Pablo rematou a gol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario