Unha derrota máis a deste fin de semana, onde o Corcoesto se encontrou enfrente un equipo ordenado e con moita profundidade no seu xogo. O partido estaba a ser bonito e disputado hasta que decidiu o arbitro tomar un protagonismo que non lle pertenecía, primeiro dando validez a un gol en fora de xogo moi protestado e seguramente condicionado polo público, que protestará unha xogada anterior na que desta vez si pitou fora de xogo cando o dianteiro encaraba a Siro, pero a polémica máis importante foi a decisión de expulsar a Roi tras recibir unha falta que o arbitro pitoulle encontra e que Roi lle protestou, pero como os propios xogadores locais admitiron o arbitro excederase. Quizaís esta foi a xogada que dou por terminado un partido, pois xa o partido ia dous a cero e cun home menos o Corcoesto pouco ia facer.
Tamén destacar a mala imaxe dada pola o adestrador e polo xogador número 5 (que polo que sentín no campo xoga por ser fillo do adestrador), xa que nun partido resolto e no que non hubo faltas duras, non fixeron outra cousa que provocar e buscar pelea insultando os xogadores visitantes, algo impropio dun equipo como o Corcubión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario