Corcoesto 1 - Alcaian 1
Despedimonos esta temporada do campo de As Bouzas, xa que por obras de mellora no campo que vai levar acabo o concello, no poderemos disputar máis partidos esta temporada. O equipo quixose despedir cunha victoria neste partido para deixar un bo sabor de boca a afición. O partido pronto se puxo de cara aprobeitando Pichón un balón solto na area, adiantando o Corcoesto que desta vez si saiu con animo e con ganas desde o primeiro minuto, o dominio do balón alternabase pero as xogadas de perigo caian sempre do lado do Corcoesto que pudo consegui-lo segundo tanto nun rebote no que Miguel non puido reaccionar a tempo para conseguilo segundo tanto, cando máis apretaba o Corcoesto unha falta na frontal da area aprobeitouna o Alcaian para consegui-lo empate. Na segunda parte o Corcoesto acusou o baixón físico e o alcaian dominou máis o medio campo pero unha e outra vez non chegaban con perigo. Según avanzada a segunda parte o Alcaian puido gozar de algunha ocasión aprobeitando o desgaste do Corcoesto pero todas elas foron ben solventadas por Siro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario