Muros B 4 - Corcoesto 2

O futbol non esta a ser xusto esta temporada co Corcoesto, que ve coma outra vez se lle escapa unha boa oportunidad de gañalo partido, deixando sen premio o traballo e o esforzo deste grupo de xogadores. Nesta ocasión o Corcoesto presentouse con moitas baixas e só pudo contar con 13 xogadores. O once inicial foi Siro, Miguel, Germán, Edelmiro, Rodri, Roi, Pablo, Martín, Lista, Sony e Pichón. Na segunda parte entrarían Javi por Pichón e Miguel por Lista. Na primeira parte o Muros B saiu forte presionando a saida do balón e buscando cun futbol directo os dianteiros, fruto dese futbol sairía o corner que o tratar de despexar Martín introducía na sua propia portería. Cando o Corcoesto trataba de buscalo empate caería o segundo gol o errar Edelmiro nun despexe e no que o delantero con algo de fortuna consegiu axustar o paste para que Siro non puidese facer nada. A partires deste momento o Corcoesto presionou con máis intensidade e fruto desa presión chegaría o gol de Edelmiro que recortaba distancias antes do descanso puidose lograr o empate con máis dunha ocasión a máis clara un remate de Pichón que non acertou ver portería. A segunda mitade o Corcoesto saiu un pouco descentrado dandolle a oportunidad o Muros de crear un par de claras ocasións e cando parecía que o Corcoesto volvía a entrar no partido, un falta de entendemento en defensa remataba
con outro gol en propia meta, nesta ocasión foi Germán o autor do gol. O Corcoesto seguiu peleando e un boa falta colgada por Edelmiro remataba a Rodri pra facer o 3-2 e volver poñer o Corcoesto no partido, pero a seguinte xogada un boa acción do capitan do Muros, remataría en gol dando lugar o resultado final de 4-2.

No hay comentarios:

Publicar un comentario