Corcoesto 0 - Pereiriña 0

Un punto máis sube o casilleiro do Corcoesto tralo empate contra o Pereiriña. Boa tarde para a practica do futbol a deste Domingo no campo das Bouzas en Corcoesto. O once inicial do Corcoesto foi Siro, Pepe, Rivera, Suso, Miguel, Couto, Aitor, Rodri, Martín, Toñito e Lista xa na segunda parte entrou Juan por Couto e Germán por Toñito. O partido foi moi igualado con moito xogo no medio campo e con moitas imprecisións polos dous bandos, con moi poucas ocasións de gol só destacar unha do Corcoesto na que Couto rematou o poste unha clara ocasión tras un bo pase de Lista. Na segunda parte Rivera foi expulsado por doble amarilla por unha man no medio campo moi discutida xa que o xogador golpeou o esferico co hombro. Tralo visto no partido o empate non supo a moito o Corcoesto que quedou ca sensación de que deixou escapar 2 puntos do se campo.
A próxima semana o Corcoesto enfrentase o Cerqueda que ven de perder co Mazaricos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario